CC0

Está a utilizar un instrumento para liberar a súa propia obra de restricións de dereitos de autor en todo o mundo. Pode utilizar este instrumento incluso se a súa obra está libre de dereitos de autor nalgunhas xurisdicións, se quere asegurar que sexa libre en calquera sitio. Creative Commons non recomenda este instrumento para obras que xa están no dominio público en todo o mundo, no seu lugar utilice a marca de dominio público para tales obras.

Utilizando CC0, pode renunciar todos os dereitos de autor ou ⇥ dereitos asociados que ten sobre a súa obra, como ⇥ dereitos intelectuais (ata onde se poden renunciar), os seus ⇥ dereitos de publicidade ou privacidade, dereitos que o protexen ⇥ contra a competencia desleal, dereitos á base de datos e dereitos ⇥ de protección sobre extracción, difusión e reutilización de datos.

Lembre que non pode renunciar a dereitos sobre unha obra na que ⇥ non ten a propiedade, non sendo que teña permiso do propietario. Para ⇥ evitar a infracción dos dereitos de terceiros, debería consultalo co seu ⇥ asesor legal se está inseguro de cando ten todos os dereitos que necesita ⇥ para distribuír a obra.

Repare que isto non é un proceso de rexistro e que Creative Commons non conserva nin almacena a información que introduce. Esta ferramenta guíao a través do proceso de xeración de HTML con metadatos inseridos para marcar a súa obra como dispoñíbel con CC0. A súa obra non se asociará con CC0 nin será posta a disposición con CC0 ata que sexa marcada como tal.

Aprende máis inicio »